Os morcegos toman Caaveiro

O mosteiro de Caaveiro conta, trala súa reforma, cuns novos inquilinos. Trátase dunha colonia de morcegos, con alomenos vintedúas femias, que está dificultando a realización das visitas guiadas ao inmoble, fundamentalmente, porque teñen practicamente tomada a denominada Casa dos abadeses, unha das construcións máis interesantes do conxunto monumental.

É precisamente nos meses de primavera cando ten lugar o apareamento destes animais, que viven ao amparo da Lei de Protección da Natureza.