Os fogos artificiais non danarán a Catedral

O Consorcio de Santiago vén de convocar o concurso para a montaxe do espectáculo pirotécnico do Apóstolo 2009 pero, para evitar os problemas que se presentaron o ano pasado -cando houbo que recurtar o espectáculo inicial-, nesta ocasión primarase o proxecto máis seguro, é dicir, o que dane menos a Catedral. As ofertas deberán presentarse nun prazo de quince días, especificando as medidas previstas para a protección da pedra e todos os elementos que contén a fachada da basílica.

De todos os xeitos, en Santiago xa asumen que, máis tarde ou máis cedo, esta tradición deberá desaparecer. En todo caso, a decisión non será inmediata.