O Parador de Santo Estevo cociña con sabor

Este xoves, o Parador de Santo Estevo acolle a presentación das Xornadas Gastronómicas “A cociña dos sabores”, que promove o establecemento hostaleiro ourensán e que están baseadas nunha selección de alimentos, converténdoos nun refinamento, cun valor nutritivo e experiencia grata para os sentidos. Presentarán as xornadas a directora do Parador, Isabel Hernández, e o xefe de cociña, José Ramón Rodríguez del Río, quen explicará a composición do menú.