O mexillón galego está atravesando un bo momento pois a súa cotización medrou un 30% dende que comezou o ano. O motivo argumentado é a escasez de produto para facer fronte á demanda existente na industria transformadora e en fresco. A maioría dos bateeiros consideran que esta tendencia manterase nos próximos meses ata situarse nos niveis de agosto do ano pasado.
Precisamente, esta especie é a protagonista dunha tese presentada por María do Carme Alfonso, doutorada en Farmacoloxía, que apunta novos métodos para aislar e detectar toxinas mariñas nos moluscos. Aínda que a investigadora realizou o seu estudo co mexillón, considera que os resultados serían similares noutro tipo de bivalvos e moluscos.