O Inorde imparte sesións prácticas de inxerto de castaña

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde) comezou a segunda parte das Sesións Formativas Castaña, enmarcadas no proxecto Castaña. Iniciáronse as actividades en Riós e seguirán en distintas localidades da provincia, impartidas por técnicos especialistas do Centro Agroforestal de Riós. Esta parte do curso consistiu en explicar, dende un punto de vista eminentemente práctico, os labores de poda e inxertos.

Con estas sesións prácticas preténdese impulsar o futuro deste sector agroforestal con respecto a varios aspectos: modernización das plantacións, profesionalización do sector, promoción e defensa do produto, etc. O obxectivo final é fomentar a creación de emprego estable e a fixación de poboación rural.