A concelleira de Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, presentou a segunda edición do programa 'Vive a Primavera', unha serie de actividades que teñen como fin "a posta en valor dos espazos naturais en Compostela". Entre as novidades deste ano atópase unha ruta polo río Tambre, mantendo as visitas aos ríos Sar, Sarela e Corvo.
A concelleira tamén resaltou a variedade presente na flora dos parques de Santiago, con especies "procedentes dos cinco continentes" e informou da posibilidade de participar nas visitas guiadas aos parques da Alameda, Bonaval-Belvís-Almáciga, Granell, Pablo Iglesias-Bouza Brei-Ponte Mantible, Vista Alegre e Granxa do Xesto.