Nigrán prepara ofertas especiais para a ponte de maio

A Concellería de Turismo do Concello de Nigrán (Pontevedra), en colaboración cos hostaleiros do municipio, vén de crear un paquete turístico para a ponte de maio, que inclúe os días 1, 2 e 3. Así, os turistas que se acollan a este paquete poderán gozar de aloxamento a partir de 70 euros, en réxime de pensión completa, en habitación dobre.

Así mesmo, os visitantes poderán participar nunha visita guiada pola parroquia de Chandebrito, con acceso a un muíño de agua en funcionamento, ademais de dúas saídas en kayak pola ría.