A Mostra do Queixo da Ulloa contará con máis de cen postos de venda

A localidade lucense de Palas de Rei acollerá, os días 18 e 19 de abril, unha nova edición da Mostra Multisectorial e do Queixo da Ulloa, na que se esperan máis de 100 postos de venda. O punto neurálxico da celebración será a Praza do Concello da localidade, onde se poderán mercar os queixos e demais produtos elaborados por artesáns da zona. Tamén estarán presentes queixos doutras comunidades españolas como os de Cabrales ou da Ribera del Duero.

O obxectivo da mostra é “servir de escaparate de todo o potencial que ten a comarca da Ulloa”, explicou o alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado.