Medra a entrega de contraetiquetas da D.O. Monterrei

O Consello Regulador da D.O. Monterrei distribuiu durante o primeiro trimestre do ano 228.500 contraetiquetas, o que supón un incremento do 9% respecto ao mesmo periodo de 2008. No que vai de ano, as exportacións experimentaron un crecemento espectacular, situándose preto do corenta por cento do total da produción, sendo en termos relativos a denominación que maior porcentaxe de exportacións ten das catro con presenza na provincia de Ourense.

O presidente do Consello, Antonio Ángel Méndez, amosouse moi satisfeito con estas cifras, sobre todo nesta época de crise económica. Para Méndez, este aumento “recoñece o bo traballo e a aposta pola calidade que están realizando adegas e viticultores”.