Mar de Frades traballa na elaboración dun Rías Baixas doce de uva xeada

A adega arousana Mar de Frades está traballando na elaboración do primeiro Rías Baixas doce, a partir de uvas da variedade Albariño xeadas. Polo momento, todo son ensaios pero xa se baralla a colleita de 2010 para que este viño vexa a luz. O viño de uva xeada xa se elabora en zonas de Alemania. Asimesmo, a adega tamén traballa na elaboración dun espumoso de Albariño.

Mar de Frades está de noraboa pois o grupo ao que pertence, Grupo Diego Zamora, vén de ser galardoado no Salón do Gourmet como mellor adega do ano. Tamén pertencen a este grupo Ramón Bilbao (Rioja) e Cruz de Alba (Ribera del Duero).