Lugo quere ser a capital do xamón

A cidade de Lugo é candidata a organizar a sexta edición do Congreso Mundial do Xamón, que cada dous anos se celebra nunha cidade española. A candidatura foi presentada pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e superou, polo momento, todos os requisitos da organización. A cita sería en 2011.

A resolución coñecerase no mes de maio, coincidindo coa celebración da quinta edición do congreso, que terá lugar na cidade de Huelva.