Hostaleiros e comerciantes comprométense coas festas de Vilagarcía

Os concelleiros de Cultura, Xosé Castro Ratón, e de Promoción Económica, Rosa Abuín, de Vilagarcía obtiveron o apoio dos hostaleiros e comerciantes da localidade de cara á organización das festas patronais de San Roque. O obxectivo a medio prazo é constituír un Padroado municipal no que se integrarían diversos colectivos públicos e privados. “Do que se trata –subliñou Catro Ratón- é de dar un valor engadido aos actos previstos, beneficiando así aos sectores hostaleiro e comercial, que tamén están sufrindo os efectos da crise económica, sen perder de vista outros obxectivos como a proxección externa da cidade, animando aos turistas a que teñan a Vilagarcía como un referente”.