Gadisa incrementa as súas vendas a pesar da crise

O grupo alimentario Gadisa aumentou as súas vendas en 2008 nun 4,6% a pesar da crise económica. Así, a empresa galega facturou durante o pasado exercicio 867 millóns de euros, fronte aos 828 do ano 2007.

Ademais, o grupo continuou aumentando a súa superficie comercial ata os 158.940 metros cadrados de supermercados propios, un 4,4% máis que no ano anterior.