Frear o crecemento das prazas hoteleiras en Sanxenxo

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) estuda aplicar unha moratoria para frear a creación de novas prazas turísticas no municipio. O sector experimentou un “boom” a finais da década dos oitenta e na actualidade o concello conta con 13.000 prazas de aloxamento incluíndo campings e máis de 3.800 habitacións.

“Esto non significa que o consorcio vaia pechar hoteis –aclara o seu presidente, Francisco González- pero si pensamos que é necesario que non exista nin unha praza máis”. A intención é que o turismo en Sanxenxo sexa máis sostible e rendible.