Ferrol contará cun albergue para peregrinos

Ferrol contará en breve co seu primeiro albergue para peregrinos, que se instalará nas antigas instalacións do ximnasio da escola Tomás Serantes. Trátase dun proxecto veciñal que contará co apoio do Concello. O albergue dará servizo gratuito aos peregrinos que queiran realizar a ruta a San Andrés de Teixido e sería o segundo da comarca, tras o de Neda.

Preténdese que a creación deste albergue contribúa a potenciar esta ruta.