Falece Eloy Lozano, ex director da primeira revista española especializada en termalismo

O que fora director da revista “Thermaespa”, a primeira publicación española especializada en termalismo, tendencias e cultura da auga, faleceu en Santiago de Compostela por unha afección cardiaca. Publicista de profesión e cineasta por vocación, foi un dos artífices do rexurdimento do cinema en Galicia e director do Festival de Cine de Ourense.

Thermaespa leva editados vintetrés números trimestrais e creou, dende hai seis anos, os premios que levan o mesmo nome para distinguir aos establecementos termais e balnearios con mellores condicións de España.