Un dos atractivos da XXI Feira do Cabalo de Lalín será ver de preto aos mellores exemplares de pura raza árabe. Entre eles, chegarán a Galicia a egua Santa Ana, propiedade do futbolista Luis Figo, e o exemplar B. Juanas, pertencente ao xogador do Real Madrid Sergio Ramos. Os actos celebraranse os días 6 e 7 de xuño nas instalacións do clube hípico Juan Oliveira de Mouriscade.
Pero o amplo programa de actos inclúe, ademais, exhibicións de doma e monta a cargo de xinetes olímpicos, competicións de horseball, unha subhasta ou unha exhibición de rodeo americano.
Pero o amplo programa de actos inclúe, ademais, exhibicións de doma e monta a cargo de xinetes olímpicos, competicións de horseball, unha subhasta ou unha exhibición de rodeo americano.