De O Morrazo a Mauritania

Membros da Asociación Natura Hispánica, de Cangas, e de Amigos de Doñana realizaron unha viaxe a Mauritania, onde visitaron os Parques Nacionais de Diawlin e Banco de Arguin. A viaxe tivo como obxectivo recabar información, mantendo encontros con autoridades locais, artesáns, hostaleiros e guías turísticos de cara a deseñar rutas e potenciar o ecoturismo.