A Coruña recibe a visita de 3.600 cruceiristas

A temporada de cruceiros estréase na cidade da Coruña coa chegada de tres barcos que transportan a máis de 3.600 persoas. Son o Oceana, con 2.270 pasaxeiros; o Albatros, con 1.000 e o Black Price, con 412 persoas a bordo. Calcúlase que cada un dos turistas que chegarán á cidade nestes cruceiros gastarán unha media de 60 euros, o que supón ao redor de 220.000 euros de ingresos.

Boa parte deles aproveitarán a súa estadía en Galicia para achegarse a outras cidades a través das excursións que organiza cada cruceiro e un destino preferente será Santiago de Compostela. Para os próximos días, A Coruña agarda a chegada doutros tres cruceiros máis.