As queixerías de San Simón, sinalizadas

A Consellaría do Medio Rural instalará un total de 65 sinais indicadores que informarán perfectamente ao visitante da situación de cada unha das oito queixerías existentes na D.O. San Simón da Costa, dentro do municipio de Vilalba. Os primeiros paneis colocaranse despois da Semana Santa. A sinalización partirá do casco urbán de Vilalba, para distribuirse en dúas rutas diferentes. A primeira dirixirase cara San Simón e a segunda, cara Oleiros.

Por outra banda, Vilalba ultima os detalles dunha nova edición da Festa do Queixo de San Simón da Costa, na que este ano se exhibirán produtos co selo oficial da Unión Europea. Agárdanse vender uns 4.000 kilos de queixo.