Arousa Norte promociónase en Santiago para captar turistas

A mancomunidade de concellos Arousa Norte, que agrupa aos municipios de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira, está a desenvolver unha intensa campaña promocional en Santiago de Compostela para captar turistas. Unha das accións que se están a levar a cabo é o reparto de bonos gastronómicos, que están sendo publicitados en establecementos hostaleiros da capital galega.

Unha das iniciativas máis novidosas foi, hai uns meses, unha representación teatral a cargo do grupo Chévere no aerporto de Lavacolla, co obxectivo de dar a coñecer a comarca do Barbanza como destino turístico aos visitantes que chegaban por avión.