Planeta de Agostini Interactive lanza ao mercado Restaurant Empire II, un xogo de simulación e estratexia para PC dirixido a calquera persoa que queira enfrontarse ao reto de xestionar o seu propio establecemento. O xogador poderá emular ás grandes figuras da cociña nacional e internacional e decidir sobre todos aqueles aspectos que converten a un restaurante nun proxecto de éxito. Gañar ou perder dependerá de que o xogador atenda ben aos clientes, elabore correctamente os menús e supere unha serie de dificultades que porán a proba a capacidade do xogador e as súas tácticas.
O xogador marca o seu punto de partida e decide sobre a cidade na que quere ubicar o restaurante (París, Munich, Os Ánxeles ou Roma), cal será a decoración do establecemento, como equipa o comedor e a cociña, que chef dirixirá a súa cociña e as receitas que elaborará. A primera parte deste videoxogo leva dez anos no mercado e acumula máis de medio millón de copias vendidas.