Vigo recupera os voos con Londres de Clickair

A compañía de baixo custo Clickair reanuda os voos dende Peinador a Londres, con dúas conexións semanais os martes e os sábados, ata o vindeiro 24 de outubro. Está previsto aproveitar a temporada alta para implantar unha terceira frecuencia que funcionará entre o 1 de xuño e o 15 de setembro, ao igual que as dúas anteriores, en horario vespertino. A compañía aspira a transportar a 50.000 pasaxeiros durante os sete meses que funcionará esta conexión. Polo momento, Clickair xa ten 1.500 billetes reservados.

Por outra banda, vanse coñecendo novos detalles das obras de ampliación de Alvedro. As obras contarán cun orzamento de 44.9 millóns de euros. Nese sentido, a deputada socialista Carmen Marón informou de que Aena finalizará en breve o estudo para ampliar a pista e que “o Plan Director de Alvedro non se rematará ata que se execute a ampliación”.