O vindeiro 22 de abril, nas instalacións do I.E.S. “Manuel Antonio” de Vigo, terá lugar a V edición do Campionato Galego de Xefes de Sala-Maitres, certame avalado pola Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostalería (Amaiga) e baixo a dirección da Organización para os Campionatos de Promoción de Profesionais da HG&T. Trátase do evento máis importante para os profesionais do servizo hostaleiro en Galicia, sendo ademais unha proba selectiva da que xurdirá o representante galego que competirá, posteriormente no Campionato de España. Un comité de selección procederá á admisión dos participantes.
Nesta convocatoria poderán participar todos os profesionais que desenvolvan o seu traballo en todo tipo de establecemento de hostalería de Galicia, así como os graduados das escolas de hostalería nacidos en Galicia. A idade dos participantes deberá estar entre os 18 e os 4 5 anos.
Os participantes terán que realizar un total de 10 probas puntuables: responder a un cuestionario sobre temas relacionados coa profesión, unha tradución de inglés, tiraxe dunha caña de cervexa, montar unha mesa, cortar e presentar unha ración de xamón, coller unha comanda, elaborar e servir un gin-tonic, identificar queixos, catar varios viños, etc.
Os los interesados en participar neste certame deberán poñerse en contacto coa organización a través do mail: info@grupohgt.com