O Cabrito à Sanfins protagonizará, esta fin de semana, os Domingos Gastronóminos que se achegan á vila fronteiriza de Valença do Minho. En total, participarán na iniciativa 22 restaurantes que acompañarán o cabrito cos Borrachinhos, unha tradicional sobremesa conventual. A iniciativa parte da Entidade Regional de Turismo do Porto/Norte de Portugal e da Câmara Municipal.
O Cabrito à Sanfins é criado, en rabaños, nas serranías do Faro, da Furna e de San Lourenzo, e os pastos da zona danlle un sabor especial. Asado en fornos de leña, como se facía antigamente nas casas dos labradores, gaña unha textura e un ton que cativan ao máis esixente comensal.
Paralelamente, celebrarase o Mercado das Tradições, unha feria típica na Praça Forte, con mostra e venda de produtos locais.