Nova imaxe para o Pazo de Baión

A adega cambadesa Condes de Albarei desvelará este venres o logotipo gañador do concurso de ideas convocado pola cooperativa para deseñar a nova imaxe do Pazo de Baión, que será reconvertido nun centro de enoturismo de referencia mundial. Presentáronse en torno a catrocentos traballos, a maioría deles procedentes de Galicia.

Por outra banda, o xerente da cooperativa, Xavier Zas, informou de que o Concello de Vilanova xa deu o visto bo ao anteproxecto elaborado por César Portela para a recuperación do edificio. Agárdase que este centro, unha vez recuperado, acolla a uns 50.000 visitantes anuais.