Máis de cen persoas limparán as praias e espazos naturais de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vai desenvolver o Plan de Limpeza de Praias e Espazos Naturais que terá unha asignación económica de 1,1 millóns de euros. O plan vai destinado a concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes, polo que poderán acollerse a el un total de 22 municipios pontevedreses. O devandito Plan empregará a 110 peóns por un periodo de seis meses.

Os traballos comprenderán limpeza e rexeneración de praias, áreas recreativas e espazos naturais coa intención de que presenten o mellor aspecto posible de cara á chegada de turistas.