Hotels for sale

Varios hoteis da capital de Galicia están á venda. Segundo publica La Voz de Galicia, estes establecementos poderían adquirirse dende medio millón a máis de once millóns de euros. O certo é que, sacando os anos xacobeos, en Compostela hai unha certa sobreoferta de camas que se reflicte agora nestas vendas. Un dos establecementos que se poden adquirir é o hotel Santa Clara, un dous estrelas recentemente rehabilitado no barrio do mesmo nome.

Tamén se poden mercar os hoteis Casa das Nove Lúas, unha pensión situada na zona do Ensanche, e o Hotel Castro, próximo ao Polígono do Tambre, nas aforas da cidade. Á parte, vén de reabrir o Hotel Compostela, na Praza de Galicia, e en datas próximas terá lugar a apertura do Hotel Spa A Quinta da Auga, no barrio de Vidán.