Homenaxe a Carlos Lemos do IES Manuel Antonio

O IES Manuel Antonio rendiu unha sentida homenaxe ao hostaleiro Carlos Lemos pola súa exitosa traxectoria concedéndolle o III Premio Manuel Antonio de Turismo e Hostalería. Na elaboración do menú da comida na que se lle rendiu a homenaxe, na que participaron membros da comunidade educativa e destacados representantes do sector hostaleiro pontevedrés, e que estivo presidida polo director xeral de Formación Profesional, Antonio Vázquez, participaron alumnos do ciclo de Cociña do Manuel Antonio e dous ex alumnos do centro que, no seu día, realizaron prácticas con Lemos.

Trátase de Pablo Collazo, actualmente no Hotel Sanxenxo, e Pablo Sobrino, que acaba de chegar do Abac de Barcelona. O homenaxeado non puido ocultar a súa emoción polo recoñecemento recibido.