A Festa do Viño da Ulla medra

A Festa do Viño da Ulla, que se celebrará en Vedra o día 5 de abril e que conta coa colaboración de cinco adegas, presenta algunhas novidades para impulsar unha cita báquica que acada xa a vixésimo novena edición, na que se repartirán 2.000 botellas de viño de balde e poranse á venda outras 10.000.

Entre as novidades para este ano, o alcalde de Vedra, Odón Coas, salientou a creación da Orde dos amigos da bota, que se presentará o día grande da festa; que a entrada ao recinto será gratuita para atraer a máis xente e a presentación do proxecto de recuperación das barcas do Ulla, que farán percorridos entre a Ponte de Sarandón e Coto de Ximonde.