Tras un mes pechada, a casa-museo de María Pita reabre as súas portas para ofrecer unha nova organización dos espazos. Ademais, realizáronse obras para eliminar as pingueiras que se producían no inmoble. Dos mobles orixinais queda pouco, a penas unha cama e varios utensilios de cociña, pero o visitante pódese facer unha idea de como vivía a heroína.
A mellora do edificio permitiu expoñer un pergameo recuperado da Biblioteca do Congreso de Washington, que data de 1589, onde aparece a cidade a modo de croquis mirando de fronte a Ferrol.
A mellora do edificio permitiu expoñer un pergameo recuperado da Biblioteca do Congreso de Washington, que data de 1589, onde aparece a cidade a modo de croquis mirando de fronte a Ferrol.