Turgalicia aposta pola formación dos profesionais do turismo

Turgalicia organiza novos cursos de formación destinados aos profesionais do sector turístico galego. En total, convocaranse cinco propostas, que se desenvolverán entre marzo e maio. O obxectivo é conseguir a adaptación do sector turístico galego ao sistema de calidade que distingue coa marca Q aos establecementos e servizos turísticos integrados no mesmo. Os cursos, que son gratuítos, levaranse a cabo na sede de Turgalicia, en Santiago de Compostela.

O primeiro dos cursos desenvolverase os días 4 e 5 de marzo e versará sobre “A necesidade da xestión ambiental e da eficiencia enerxética nos establecementos turísticos”. O último terá lugar os días 26 e 27 de maio e estará relacionado co turismo accesible e a atención aos clientes con necesidades especiais. As persoas interesadas en participar, poden obter máis información na web www.turgalicia.es.