Riotorto promociona os produtos de temporada

O concello lucense de Riotorto celebra esta fin de semana un mercado de inverno no que está previsto que participen unha trintena de expositores, tanto locais como procedentes doutros puntos de Galicia, con produtos típicos desta época do ano e tamén ecolóxicos. Os asistentes ao mercado poderán participar no sorteo dunha cesta de produtos ecolóxicos e artesanais. Tamén haberá unha exposición de produtos elaborados polos ferreiros de Riotorto.