Requerimento ao Goberno central

O Consello da Xunta, por proposta da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, acordou formularlle ao Goberno central un requirimento de incompetencia contra o Real decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros.

O Real decreto ten por finalidade apoiar financeiramente os plans de renovación e modernización de destinos turísticos maduros, entendendo por tales os que reúnan polo menos tres das seguintes características: a) Sobrecarga urbanística e ambiental, b) Sobreexplotación de recursos, c) Obsolescencia dos seus equipamentos turísticos, d) Escaso investimento do sector turístico privado e e) Oferta e demanda turística estabilizada ou decrecente.

O Goberno galego entende que a resolución mencionada vulnera a repartición competencial establecida pola Constitución e o Estatuto.