Quince localidades pontevedresas acollerán feiras sustentables

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa de Feiras Galiza Sustentábel 2009, que se celebrarán en quince localidades da provincia de Pontevedra a partir deste domingo. Acollerán estes mercados as vilas de Cerdedo, Bueu, A Estrada, Moaña, Cotobade, Silleda, Rodeiro, Cuntis, A Lama, Mos, Ponteareas, Forcarei, Pontevedra, O Porriño e Salceda de Caselas.

Estas feiras son unha aposta polos circuítos curtos de comercialización, tanto dos produtos agrarios como dos derivados da artesanía. O obxectivo é a promoción e valorización dos produtos agroalimentarios locais, cunha atención especial a aqueles ligados á terra e cunha diferenciación do produto.

A programación foi presentada polo responsable do Agader, Edelmiro López Iglesias, entre outros (foto).