Portugal aumenta os seus ingresos por turismo

Portugal conseguiu en 2008 bater o seu récord de ingresos por turismo estranxeiro. Por primeira vez acadou a cifra de 7.520 millóns de euros, o que supón un incremento do 1,7% con respecto ás cifras obtidas en 2007, segundo datos do Banco de Portugal.

A pesar do récord de ingresos, os datos da entidade monetaria deixan ver que a crise económica tamén empezou a afectar ao turismo no país veciño. Nos dous primeiros trimestres do ano, o aumento dos ingresos foi bastante positivo cun incremento do 5,3%, pero xa no terceiro trimestre houbo un estancamento. Os meses de novembro e decembro foron os peores do ano, con caídas que alcanzaron o 6,8%.