Outro pantalán garantizará o sevizo de catamaráns no Sil

A Deputación de Lugo confirmou que empregará un novo embarcadoiro para evitar que as subidas e baixadas do caudal do Sil provoquen a suspensión das rutas en catamarán. Esta era unha das principais preocupacións dos hostaleiros locais, que xa viron como se suspendían as viaxes o pasado verán por mor da baixada do caudal do río.

Agora, e mentres non estea operativo o novo pantalán de Doade, as embarcacións da Deputación sairán das instalacións da empresa Hemisferios Viajes, situadas na outra marxe do río.