Ourense amplía a súa oferta turística cun novo campo de paintball

A oferta turística da zona sur da provincia de Ourense ampliarase coa creación dun novo campo de paintball no concello de Sarreaus, moi preto do complexo Couso-Galán. Será un dos maiores espazos galegos destinados a esta actividade, que consiste en dispararse con bolas de pintura e sortear obstáculos.

O novo campo ocupará unha superficie de 25.000 metros cadrados no lugar de Freixo e contará con tres zonas de xogo diferenciadas. Está previsto que abra as súas portas a principios de abril.