Ons manterá a zona de acampada

A dirección do Parque Nacional Illas Atlánticas garante a continuidadade da zona de acampada gratuita na illa de Ons, se ben se está buscando un sitio máis adecuado que o actual en Chan da Pólvora, un lugar pouco abrigado, de difícil acceso e con escasos servizos.

O proceso para elexir a nova situación da zona de acampada, que xa está en marcha, será, nembargantes, longo posto que antes a Xunta terá que resolver a situación das propiedades cos veciños da illa, segundo matizou José Luis Fernández Bouzas, director conservador do espazo natural, quen dascartou a posibilidade de ampliar o camping.