O Mesón do Vento celebra a Festa do Lacón con Grelos

A localidade coruñesa do Mesón do Vento prepárase para acoller, os vindeiros 7 e 8 de marzo, a décimo primeira edición da Festa do Lacón con Grelos, na que a tradicional degustación se aderezará cun completo programa de actividades. O sábado celebrarase unha exhibición de gando e maquinaria agrícola e, ademais, haberá un desfile de entroido.

Na xornada do domingo terá lugar unha concentración cabalar, con diferentes concursos, e outra de motos, ademais da degustación do lacón con grelos.