O Hotel Congreso xa é de catro estrelas

A comarca de Santiago de Compostela vén de sumar un novo hotel de catro estrelas. Neste caso é o Hotel Congreso o que, tras unhas reformas nas que se investiron catro millóns de euros, obtivo a reclasificación de catro estrelas por parte da Dirección Xeral de Turismo.

As obras iniciáronse no ano 2004 e incluíron a remodelación das habitacións, a creación dunha nova área pública e un buffet con show-cooking.