Menús a prezos asequibles no Entroido ourensán

Uns vinte establecementos hostaleiros de Ourense ofertarán durante as festas do Entroido menús a prezos asequibles, que van dende os 15 ata os 30 euros. A iniciativa parte da Concellería de Comercio e Turismo de Ourense, que dirixe Ana Garza, e inclúe tanto menús tradicionais como propostas máis novidosas.

O ano pasado xa se realizaran algunhas iniciativas para atraer a máis público ao Entroido ourensán pero nesta ocasión decidiuse facer unha campaña “máis agresiva”, segundo detalla a concelleira, para atraer a visitantes do norte de Portugal e demais zonas limítrofes.

Tamén se sumaron á iniciativa seis hoteis da cidade, que ofrecerán a posibilidade de pasar unha fin de semana por tarifas a partir de corenta e cinco euros.