Manzaneda vístese de gala para recibir a Don Carnal

Durante tres días, a Estación de Montaña de Manzaneda vestirase de gala para recibir a Don Carnal. Así, dende o sábado 21 de febreiro ata o luns 23, a estación será unha festa. Visitará Manzaneda o folión e as súas ocurrentes máscaras e comparsas, pero será só o aperitivo dunha celebración na que destaca un menú especial de entroido no restaurante Los Arandos.

Ademais, celebrarase unha espectacular baixada nocturna de fachos pola ladeira nevada da montaña, así como diversas festas de disfraces.