A gastronomía típica do Entroido protagoniza varias festas

Co Entroido chegan as festas gastronómicas adicadas aos produtos máis típicos. En Navia de Suarna celebran este domingo a Festa da Androlla, un embutido que se fai na tripa grosa do porco e na localidade ourensá de Vilariño de Conso, o domingo celebran unha comida popula a base de chourizos, cabrito e as sobremesas típicas da zona.

O domingo de piñata ten lugar en Lestedo, no concello coruñés de Boqueixón, a Festa da Filloa, que este ano cumpre a súa vixésimo sexta edición. Cada ano, esta celebración atrae a milleiros de visitantes, non só pola calidade do produto senón pola súa preparación. Esta festa está declarada de Interese Turístico de Galicia.

Tamén os establecementos hostaleiros se suman ás festas gastronómicas típicas do Entroido. Neste caso é a cervexería Merlego, ubicada na compostelana rúa da Angustia, a que celebrará o venres, a partir das 19.30 horas, unha degustación gratuita de Androlla.