España poderá capturar máis pescada e rape

A ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, anunciou que España logrou mellorar as cotas de especies como o rape e a pescada en pesquerías europeas grazas ao intercambio entre países. No caso da pescada, por primeira vez faenarase no Mar do Norte. En total, as negociacións permitiron incrementar as cotas en 3.900 toneladas de rape e pescada.

Por exemplo, no caso do rape, o ano pasado obtivéronse 1.000 toneladas e este ano chegouse ás 1.200. “Penso que vai ser unha boa noticia porque estamos a falar de pesquerías de gran valor e onde a nosa flota pode empregalas ao cento por cento”, sinalou a ministra.