Degustación de produtos típicos en Portonovo

Os comerciantes da praza de abastos de Portonovo (Sanxenxo) ofrecerán este sábado unha degustación de produtos típicos de Entroido, fundamentalmente filloas e orellas. Con esta iniciativa pretenden integrar un pouco máis a praza no ambiente festivo, para o que tamén decoraron o inmoble con adornos tradicionais destas datas.

Os postres típicos serán entregados a aquelas persoas que se decidan a adquirir produtos frescos e de primeira calidade no mercado portonovés.