Curso sobre o Camiño en Mondoñedo e Ribadeo

Este xoves comeza en Mondoñedo un congreso sobre o Camiño do Norte dentro do ciclo “O Camiño de Santiago para o século XXI”. As xornadas estenderanse ata o sábado na localidade mindoniense e en Ribadeo, organizadas pola SA de Xestión do Plan Xacobeo. O congreso completarase cunha xornada dedicada a un seminario práctico, que terá lugar o vindeiro 4 de marzo.

O encontro servirá para intercambiar puntos de vista, ideas e proxectos relacionados co presente e futuro do Camiño do Norte, que percorre toda a costa cantábrica dende o suroeste de Francia. As actividades complétanse coa exposición fotográfica O Camiño do Norte, que se poderá contemplar ata o 22 de marzo no Parque de San Francisco de Ribadeo. Ata o momento hai inscritas cento vinte persoas.