Cedeira xa é concello de Interese Turístico

A vila de Cedeira vén de ser declarada concello de Interese Turístico Galego por parte da Consellería de Innovación e Industria, distinción que sitúa á vila coruñesa nun posto de preferencia á hora de obter achegas económicas da Administración. No Concello están moi satisfeitos porque é un refrendo ao traballo que veñen realizando durante os últimos anos. Na comarca, tamén conta con esta distinción a vila de Pontedeume.

E moi preto, na vila de Mugardos, a Festa do Polbo tamén está a piques de ser recoñecida como de Interese Turístico galego. Así llelo comunicaron fontes da Consellaría de Innovación e Industria ao alcalde, Xosé Fernández Barcia. En próximas datas, o informe favorable será remitido ao Consello da Xunta para que proceda á súa aprobación. A Festa do Polbo de Mugardos celébrase dende o ano 1990.