Cae o consumo de viño e cervexa na hostalería e medra nos fogares

As vendas de bebidas de baixa gradación alcohólica, como viños e cervexas, caeron en 2008 nos establecementos hostaleiros españois un 4,1% con respecto ao ano anterior, mentres que na canle alimentación medraron un 3,7%, o que reflicte a tendencia dos españois a quedar máis na casa en vez de saír para aforrar. Esta tendencia, na que tamén poden influír medidas lexislativas como o carné por puntos, apréciase noutros tipos de bebidas como as alcohólicas de alta gradación, que rexistraron un descenso aínda maior na hostalería e tamén unha caída en alimentación, aínda que só do 0,8%.

En total, as vendas de todo tipo de bebidas na hostalería sufriron un descenso do 3,4% o pasado exercicio, en tanto que aumentaron un 1% en alimentación.