Aprobado o plan de ordeación do parque natural Baixa Limia-Xurés

O Consello da Xunta aprobou o plan de ordeación dos recursos do parque natural da Baixa Limia-Xurés, que incorpora 8.842 hectáreas máis coa adhesión de seis concellos. Este espazo contará cun presuposto de 6,3 millóns de euros en cinco anos. O presidente da Xunta sinalou que, con este trámite, “dáse un paso na consolidación desa gran área protexida” que conecta co parque portugués do Gerês, co que se acadan, en total, as 100.000 hectáreas.

Na mesma reunión, o Consello da Xunta aprobou o plan de uso e xestión para o Monte Aloia, en Tui, que disporá de 1,64 millóns de euros.